PRESENTACIÓN

Ola! benvido a XeoPunto.es, así que, que menos que presentar a quen se atopa detrás de XeoPunto Topografía, unha empresa de topografía en Galicia.

Chámome Martín Canoura Baño e son enxeñeiro en topografía, pertencente ó Colexio Oficial de Enxeñaría Xeomática e Topográfica.

No ano 2020 decido comezar un novo proxecto denominado XeoPunto, unha empresa de topografía con sede nos concellos de Viveiro, provincia de Lugo e A Coruña, pero exercendo actividades profesionais en toda Galicia ou no ámbito nacional. A pesar de ser un proxecto de recente creación, en XeoPunto atópase máis dunha década de experiencia e constante formación profesional ligada directamente coa topografía e a xeomática.

Durante ese tempo tivo cabida todo tipo de actividades profesionais, dende anteproxectos, proxectos e execución de grandes obras como estacións depuradoras, autovías, AVE… ata a realización de traballos que aínda que de menor envergadura, de tanta importancia, como medicións de parcelas, inventariado, actualizacións documentais, subsanacións catastrais, resolución de discrepancias entre propietarios de fincas, etc.

Podes consultar con detalle os servizos ofertados, así como poñerte en contacto conmigo para realizala túa consulta ou concertar unha cita.

Un saúdo.

              Martín Canoura Baño.

Martín Canoura Baño

Actividade cofinanciada mediante a axuda do programa TR341D coa finalidade de desenvolver a actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores autónomos ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da actividade laboral.