TOPÓGRAFO EN A CORUÑA
Son Martín Canoura, enxeñeiro técnico en topografía colexiado (n.º 8307), e traballo de forma habitual na Coruña e nos concellos da súa contorna. Desde XeoPunto fago levantamentos topográficos, trámites de Catastro e Rexistro e topografía de obra para particulares, empresas, arquitectos e notarías.
PROFESIONAL COLEXIADO
Son enxeñeiro técnico en topografía colexiado no Colegio Oficial de Ingeniería Geomática y Topográfica (COIGT) co número 8307. O Colexio mantén convenios de colaboración co Notariado, co Colexio de Rexistradores e co Catastro, que facilitan a coordinación entre as tres institucións nos traballos que fago para os meus clientes.
SERVIZOS DE TOPOGRAFÍA NA CORUÑA
Levantamentos topográficos. Levantamento de parcelas, solares e edificacións con estación total e GNSS (GPS).
Topografía de obra. Reformulos, movemento de terras e control de obra.
Subsanacións de catastro. Corrección da superficie, a forma ou os lindes dunha parcela cando non coinciden coa realidade: alegacións, cambios de titular e recursos.
Coordinación catastro e rexistro (Lei 13/2015). Informe de validación gráfica (GML) e certificado de xeorreferenciación, elaborados por un enxeñeiro técnico en topografía, para notaría e Rexistro da Propiedade.
Segregación, agrupación e herdanzas. Documentación gráfica para dividir, unir ou repartir fincas.
Deslindes e medición de fincas. Delimitación de propiedades cos estremeiros, cálculo de superficies e xeorreferenciación de marcos.
Dron. Ortofotografía aérea, nubes de puntos e modelos dixitais do terreo.
TOPOGRAFÍA DE OBRA PARA EMPRESAS
Traballo con construtoras, empresas de obra civil, enxeñarías e instaladoras como apoio topográfico durante toda a obra, desde o levantamento inicial ata a medición final.
Reformulos de obra. Eixes, cimentacións, viais, redes e estruturas.
Movemento de terras. Cubicacións, perfís lonxitudinais e transversais, e medicións para certificacións.
Control xeométrico. Comprobación do executado fronte ao proxecto e control de taludes.
Dron en obra. Ortofotos e modelos do terreo para seguir o avance e medir volumes.
Entrega en CAD e SIX. Nos formatos que use a túa oficina técnica.
Traballo con estación total, GNSS con correccións en tempo real (RTK), láser escáner e dron, e adáptome aos prazos e á planificación da obra.
ZONA DE TRABALLO
Traballo en toda a cidade da Coruña e nos concellos da contorna: Arteixo, Culleredo, Oleiros, Cambre, Sada, Bergondo, Abegondo e Carral. Tamén me desprazo ao resto de Galicia e, desde o despacho de Viveiro, atendo A Mariña.
COMO TRABALLO
- Consulta e orzamento. Cóntasme que necesitas e para que trámite (notaría, Catastro, Rexistro, concello ou obra).
- Medición no terreo. Acompáñame o propietario ou unha persoa autorizada para sinalar os lindeiros.
- Entrega. Planos, GML, informes ou certificados, habitualmente nunha semana desde a medición.
- Tramitación. Se o precisas, presento a documentación ante o Catastro ou coordino co notario e co Rexistro.
PREGUNTAS FRECUENTES
Canto custa un levantamento topográfico na Coruña?
Depende da superficie, do acceso e do fin do traballo. Envíame a referencia catastral e dígoche un orzamento pechado.
Que fago se o Catastro ten mal a miña parcela?
Mídoa, preparo o GML e solicito a corrección ante o Catastro. Se hai escritura ou herdanza polo medio, coordinámolo coa notaría.
Necesito un topógrafo para segregar ou agrupar unha finca?
Si. Para segregar, agrupar ou dividir, a notaría e o Rexistro piden unha representación gráfica xeorreferenciada (GML) das fincas resultantes. Tamén preparo a documentación para a licenza municipal cando se precisa.
E para comprar ou vender unha finca?
Para vender non é obrigatorio. Onde máis compensa é ao comprar: un levantamento dite cantos metros cadrados compras realmente e se a finca coincide co Catastro e co Rexistro, algo que con bastante frecuencia non pasa. Mellor sabelo antes de asinar.
Que necesita o arquitecto para o proxecto dunha vivenda?
Un levantamento topográfico da parcela, con lindes, desniveis e elementos existentes, para deseñar o proxecto sobre a realidade do terreo. Entrégoo en formato CAD, listo para traballar.
Desprazaste fóra da cidade?
Si, a toda a área da Coruña e ao resto de Galicia.
PIDE ORZAMENTO
Chama ou escribe ao 623 06 29 12 (teléfono e WhatsApp) ou a mcb@xeopunto.es. Se tes a referencia catastral, axúdame a darche prezo máis rápido.