TOPÓGRAFO EN FERROL, NARÓN E ORTEGAL

Son Martín Canoura, enxeñeiro técnico en topografía colexiado (n.º 8307). Desde A Coruña e Viveiro desprázome a toda Ferrolterra e Ortegal para facer levantamentos topográficos, trámites de Catastro e Rexistro, segregacións e topografía de obra, para particulares, empresas, arquitectos e notarías.

PROFESIONAL COLEXIADO

Son enxeñeiro técnico en topografía colexiado no Colegio Oficial de Ingeniería Geomática y Topográfica (COIGT) co número 8307. O Colexio mantén convenios de colaboración co Notariado, co Colexio de Rexistradores e co Catastro, que facilitan a coordinación entre as tres institucións nos traballos que fago para os meus clientes.

SERVIZOS DE TOPOGRAFÍA EN FERROLTERRA E ORTEGAL

Levantamentos topográficos. Levantamento de fincas, solares e edificacións con estación total e GNSS (GPS).

Topografía de obra. Reformulos, movemento de terras e control de obra.

Subsanacións de catastro. Corrección da superficie, a forma ou os lindes dunha parcela cando non coinciden coa realidade: alegacións, cambios de titular e recursos.

Coordinación catastro e rexistro (Lei 13/2015). Informe de validación gráfica (GML) e certificado de xeorreferenciación, elaborados por un enxeñeiro técnico en topografía, para notaría e Rexistro da Propiedade.

Afeccións da propiedade. Comprobación de afeccións de costas (DPMT), patrimonio, espazos protexidos ou urbanismo antes de comprar ou construír.

Segregación, agrupación e herdanzas. Documentación gráfica para dividir, unir ou repartir fincas.

Deslindes e medición de fincas. Delimitación de propiedades cos estremeiros, cálculo de superficies e xeorreferenciación de marcos.

Dron. Ortofotografía aérea, nubes de puntos e modelos dixitais do terreo.

Ver todos os servizos

TOPOGRAFÍA DE OBRA PARA EMPRESAS

Traballo con construtoras, empresas de obra civil, enxeñarías e instaladoras como apoio topográfico durante toda a obra, desde o levantamento inicial ata a medición final.

Reformulos de obra. Eixes, cimentacións, viais, redes e estruturas.

Movemento de terras. Cubicacións, perfís lonxitudinais e transversais, e medicións para certificacións.

Control xeométrico. Comprobación do executado fronte ao proxecto e control de taludes.

Dron en obra. Ortofotos e modelos do terreo para seguir o avance e medir volumes.

Entrega en CAD e SIX. Nos formatos que use a túa oficina técnica.

Traballo con estación total, GNSS con correccións en tempo real (RTK), láser escáner e dron, e adáptome aos prazos e á planificación da obra.

ZONA DE TRABALLO

Traballo en Ferrol, Narón, Neda, Fene, Mugardos, Ares, Valdoviño, San Sadurniño e Cedeira, e na comarca de Ortegal: Ortigueira, Cariño, Cerdido e Mañón. Tamén me desprazo ás Pontes e ao resto do Eume.

COMO TRABALLO

  1. Consulta e orzamento. Cóntasme que necesitas e para que trámite (notaría, Catastro, Rexistro, concello ou obra).
  2. Medición no terreo. Acompáñame o propietario ou unha persoa autorizada para sinalar os lindeiros.
  3. Entrega. Planos, GML, informes ou certificados, habitualmente nunha semana desde a medición.
  4. Tramitación. Se o precisas, presento a documentación ante o Catastro ou coordino co notario e co Rexistro.

PREGUNTAS FRECUENTES

Canto custa un levantamento topográfico en Ferrol?

Depende da superficie, do acceso e do fin do traballo. Envíame a referencia catastral e dígoche un orzamento pechado e sen compromiso.

A miña finca está preto da costa. Que afeccións pode ter?

Nas fincas próximas ao mar pode haber afección do dominio público marítimo-terrestre (DPMT) e das súas servidumes, que limitan o que se pode construír. Cun levantamento xeorreferenciado comprobo ata onde chegan sobre a túa parcela.

Necesito un topógrafo para segregar ou agrupar unha finca?

Si. A notaría e o Rexistro piden unha representación gráfica xeorreferenciada (GML) das fincas resultantes. Tamén preparo a documentación para a licenza municipal cando se precisa.

E para comprar unha finca?

Non é obrigatorio, pero é moi recomendable: un levantamento dite cantos metros cadrados compras realmente e se a finca coincide co Catastro e co Rexistro, algo que con bastante frecuencia non pasa. Mellor sabelo antes de asinar.

PIDE ORZAMENTO

Chama ou escribe ao 623 06 29 12 (teléfono e WhatsApp) ou a mcb@xeopunto.es. Se tes a referencia catastral, axúdame a darche prezo máis rápido.