TOPÓGRAFO EN VIVEIRO E A MARIÑA

Son Martín Canoura, enxeñeiro técnico en topografía colexiado (n.º 8307), e teño despacho en Viveiro. Desde aquí atendo toda A Mariña con levantamentos topográficos, trámites de Catastro e Rexistro, herdanzas e topografía de obra, para particulares, empresas, arquitectos e notarías.

PROFESIONAL COLEXIADO

Son enxeñeiro técnico en topografía colexiado no Colegio Oficial de Ingeniería Geomática y Topográfica (COIGT) co número 8307. O Colexio mantén convenios de colaboración co Notariado, co Colexio de Rexistradores e co Catastro, que facilitan a coordinación entre as tres institucións nos traballos que fago para os meus clientes.

SERVIZOS DE TOPOGRAFÍA EN VIVEIRO E A MARIÑA

Levantamentos topográficos. Levantamento de fincas, solares e edificacións con estación total e GNSS (GPS).

Topografía de obra. Reformulos, movemento de terras e control de obra.

Herdanzas e repartos. Medición e documentación gráfica para repartir fincas entre herdeiros, co GML que pide a notaría.

Subsanacións de catastro. Corrección da superficie, a forma ou os lindes dunha parcela cando non coinciden coa realidade: alegacións, cambios de titular e recursos.

Coordinación catastro e rexistro (Lei 13/2015). Informe de validación gráfica (GML) e certificado de xeorreferenciación, elaborados por un enxeñeiro técnico en topografía, para notaría e Rexistro da Propiedade.

Inmatriculacións. Asesoramento e documentación para inscribir no Rexistro fincas que nunca estiveron inscritas.

Localización de parcelas e deslindes. Localización de fincas con cartografía catastral, fotografía aérea e documentación histórica, e delimitación cos estremeiros.

Dron. Ortofotografía aérea, nubes de puntos e modelos dixitais do terreo.

Ver todos os servizos

TOPOGRAFÍA DE OBRA PARA EMPRESAS

Traballo con construtoras, empresas de obra civil, enxeñarías e instaladoras como apoio topográfico durante toda a obra, desde o levantamento inicial ata a medición final.

Reformulos de obra. Eixes, cimentacións, viais, redes e estruturas.

Movemento de terras. Cubicacións, perfís lonxitudinais e transversais, e medicións para certificacións.

Control xeométrico. Comprobación do executado fronte ao proxecto e control de taludes.

Dron en obra. Ortofotos e modelos do terreo para seguir o avance e medir volumes.

Entrega en CAD e SIX. Nos formatos que use a túa oficina técnica.

Traballo con estación total, GNSS con correccións en tempo real (RTK), láser escáner e dron, e adáptome aos prazos e á planificación da obra.

ZONA DE TRABALLO

Traballo en Viveiro e en toda A Mariña: O Vicedo, Ourol, Xove, Cervo, Burela, Alfoz, Foz, Mondoñedo, Barreiros e Ribadeo. Desde Viveiro tamén me desprazo a Ortegal e Ferrolterra, e atendo a área da Coruña.

COMO TRABALLO

  1. Consulta e orzamento. Cóntasme que necesitas e para que trámite (notaría, Catastro, Rexistro, concello ou obra).
  2. Medición no terreo. Acompáñame o propietario ou unha persoa autorizada para sinalar os lindeiros.
  3. Entrega. Planos, GML, informes ou certificados, habitualmente nunha semana desde a medición.
  4. Tramitación. Se o precisas, presento a documentación ante o Catastro ou coordino co notario e co Rexistro.

PREGUNTAS FRECUENTES

Canto custa un levantamento topográfico en Viveiro?

Depende da superficie, do acceso e do fin do traballo. Envíame a referencia catastral e dígoche un orzamento pechado e sen compromiso.

Como se reparte unha finca nunha herdanza?

Mido a finca, propoño a división segundo o acordado entre os herdeiros e preparo os planos e o GML de cada parte para a notaría. Se o reparto implica segregar, preparo tamén a documentación para a licenza municipal.

A miña finca non aparece ben no Catastro. Que podo facer?

Mídoa, preparo o GML e solicito a corrección ante o Catastro. Se hai escritura ou herdanza polo medio, coordinámolo coa notaría.

Necesito un topógrafo para comprar unha finca?

Non é obrigatorio, pero é moi recomendable: un levantamento dite cantos metros cadrados compras realmente e se a finca coincide co Catastro e co Rexistro, algo que con bastante frecuencia non pasa. Mellor sabelo antes de asinar.

PIDE ORZAMENTO

Chama ou escribe ao 623 06 29 12 (teléfono e WhatsApp) ou a mcb@xeopunto.es. Tamén podes vir ao despacho de Viveiro con cita previa.